Na páxina de Turismo da Coruña atoparás información actualizada sobre que facer na cidade ao longo da celebración do congreso. En particular, recomendamos descargar a Guía de ocio de setembro coa axenda cultural e información de museos, exposicións, etc.
Como moverse pola cidada
A Coruña é unha cidade moi compacta polo que é doado desprazarse a pé.
Se queres utilizar o transporte público, a información da rede de autobuses está dispoñible en tempo real en aplicacións como Google Maps ou Moovit. Tamén hai aplicacións específicas, sendo a máis popular Bus Coruña, aínda que a oficial é iTranvias (a empresa concesionaria do servizo chámase Compañía de Tranvías por razóns históricas, pero lamentablemente xa non hai tranvías na cidade).
Tamén están dispoñibles Cabify e os taxis de toda a vida, que se agrupan en Teletaxi (981 28 77 77 ou polas apps PideTaxi e TaxiClick) e RadioTaxi (981 24 33 33 ou pola app 1Taxi!).
Se prefires a bicicleta, BiciCoruña ofrece bicicletas manuais e eléctricas en múltiples estacións espalladas pola cidade.
Donde comer
Somos conscientes de que a maioría dos asistentes ao congreso utilizarán aplicacións como TripAdvisor ou Google Maps para escoller un lugar para comer. Non obstante, a continuación fornecemos ligazóns a algunhas páxinas que poden proporcionar información útil.
- Entrada “Dónde comer en A Coruña” do blog de Carolina Regueira: https://www.carolinaregueira.com/2021/11/donde-comer-coruna.html
- A Coruña, el cruce de caminos de la gastronomía en Galicia: https://www.cope.es/emisoras/canarias/las-palmas/gran-canaria/noticias/coruna-cruce-caminos-gastronomia-galicia-20220924_2305896
- Lista de restaurantes da Coruña na Guía Repsol: https://www.guiarepsol.com/es/descubrir/mapa/?supercategory_id=3&calification=3,2,1,R&category_id=31&doc_type=ficha&locality_id=2352&page=1
- Lista de restaurantes da Coruña na Guía Michelin: https://guide.michelin.com/es/es/galicia/a-corua/restaurantes
Visitas indispensables
Se visitas A Coruña, é imperdoable que non subas ao alto da Torre de Hércules (Patrimonio da Humanidade da UNESCO) e tentar albiscar Irlanda, como fixo Breogán segundo a lenda. A illa de Irlanda está a uns 900 quilómetros ao norte. Se podes ver Irlanda por calquera motivo, xira un pouco a cabeza cara ao leste e verás a punta occidental de Gran Bretaña, que está a “só” 750 quilómetros. Por algo era tradición na Mariña luguesa indicar na descrición das fincas á beira do mar que limitaban con Inglaterra polo norte, polo mar.
Si che gusta a historia da ciencia, no debes perder o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía. Entre outras moitas cousas, poderás ver o primeiro ordenador electrónico que se instalou en España. Na sala Iberia pódese entrar na cabina do “Jumbo” 747 Lope de Vega, famoso por levar o Guernica de Picasso a España en 1981.
Se che gusta a ciencia, pero máis tocar e experimentar que ver fitos do pasado, entón debes visitar algún dos Museos Científicos Coruñeses: a Casa das Ciencias (o típico museo de ciencia con planetario), Domus (un museo interactivo adicado ao ser humano) e Aquarium Finisterrae (popularmente llamado Casa dos Peixes, especializado nos ecosistemas mariños de Galicia).
Se lo que che gusta é a historia, estás de sorte porque moi preto do lugar de celebración do congreso atoparás o Museo Arqueolóxico do Castelo do Santo Antón, que merece ser visitado tanto polo edificio (unha fortaleza defensiva marítima do século XVI) como polo contido; e o Museo Histórico Militar.
Si o teu é a arte, moi preto tés o Museo de Bellas Artes (centrado na arte galega pero con obras de outros artistas relevantes como Goya ou Rubens) e a Fundación Luis Seoane. Tamén che pode interesar visitar a Casa Museo Picasso, a vivenda na que viviu un xove Pablo Picasso entre 1891 y 1895. Na Coruña, Picasso fue alumno da Escola de Belas Artes e realizou a súa primeira exposición con só trece anos nun baixo da rúa Real; aquí morreu a súa querida irmá pequena Conchita aos 8 años, vítima de difteria e por elo enterrada nunha foxa común no cemiterio do Santo Amaro.
Despois de tanta actividade, tal vez che apeteza relaxarte en Termaria, na Casa da Auga, un completo talaso con auténtica auga de mar bombeada desde a ensenada do Orzán. Ou tal vez prefiras pasarte por MEGA, o museo de Estrella Galicia ubicado na súa factoría de cervexa na Grela no que ademáis de coñecer como se fai a cervexa podrás catala.